Novas: Xeral
Estás aquí: Inicio \ Novas \ Xeral
A Xunta achegará 91.588 euros para a definitiva conexión peonil do polígono co núcleo urbano municipal.

A Xunta achegará 91.588 euros para a definitiva conexión peonil do polígono co núcleo urbano municipal.

23 maio, 2019 Xeral

Este investimento da Xunta corresponde á resolución da orde de axudas para mellorar as infraestruturas dos polígonos galegos que convoca anualmente a Consellería de Economía,  Emprego e Industria. O  Concello de Carballo, pola súa banda, achegará 22.897 euros.

O pasado día 22 de maio, a Xunta de Galicia informaba sobre a resolución da orde de axudas para a mellora e modernización dos parques empresariais galegos. Entre os proxectos aprobados atópase o que presentou o  Concello de Carballo a instancia da Comunidade de Propietarios do Polígono para executar o tramo de beirarrúa e  carril bici que queda por realizar para conectar  peatonalmente o polígono co núcleo urbano do municipio. Concretamente a nova senda peonil e carril bici unirá, a través das rúas Cobre e Isaac  Alvéniz, a rotonda situada na AC-55 coa rotonda situada na entrada sur do noso polígono.

É a primeira vez que o Polígono de Carballo benefíciase desta convocatoria anual de subvencións que deben solicitar os  concellos onde se atopan situadas cada unha das áreas empresariais beneficiarias. Desde a Comunidade de Propietarios do Polígono felicítanse polo logro deste investimento no polígono e márcanse como obxectivo a participación anual de Carballo esta convocatoria, a fin de lograr a excelencia no referente á calidade das infraestruturas urbanas do noso parque empresarial.

Outras novas

Todas as noticias relacionadas co Polígono de Carballo ou que poidan ser de interese para as empresas que o compoñen.