Novas: Xeral
Estás aquí: Inicio \ Novas \ Xeral
Estreamos web e imaxe de marca.

Estreamos web e imaxe de marca.

25 outubro, 2018 Xeral

Nos últimos anos o Polígono de Carballo está a experimentar unha notable transformación: cun 80% do chan adxudicado e con importantes empresas operando nela, a segunda fase xa é unha realidade; pola súa banda a acción conxunta dos concellos de Carballo, A Laracha e Arteixo está a impulsar un gran eixo industrial contorna ao porto exterior e recentemente produciuse unha substitución na xerencia da Comunidade de Propietarios do Polígono. Todos estes factores, levaron colectivo empresarial do polígono a renovar a imaxe e a forma de comunicarse da nosa área industrial cos seus usuarios.

Onte tivo lugar no  Concello, a presentación pública do noso novo logotipo e páxina web, así como dos nosos perfís nas redes sociais. Nesta presentación, ademais de representantes da comunidade de propietarios e da asociación de empresarios, tamén participou o alcalde, Evencio Ferrero, e a concelleira de Planificación e Desenvolvemento Urbano, Milagres  Lantes, demostrando a boa sintonía existente entre o colectivo empresarial e o propio  Concello.

O novo logotipo responde a un deseño moderno que busca reflectir o carácter emprendedor e dinámico que sempre caracterizou ao tecido empresarial do noso polígono.

A páxina web pretende facilitar a  navegabilidade dos usuarios independentemente do tipo de dispositivo desde o que se conecten. Ao mesmo tempo que conserva todas as funcionalidades da anterior, o novo diseño permite coñecer todos os servizos e empresas do polígono dunha forma rápida e sinxela. Pola súa banda, os perfís nas redes sociais Facebook,  LinkedIn e  Youtuve; buscan abrir unha canle de comunicación directo con empresarios e usuarios do polígono, así como coa sociedade no seu conxunto.

Todos estes cambios axudan posicionar ao noso polígono como un dos máis relevantes da Comunidade Autónoma, non só polo número de metros cadrados de chan industrial, senón tamén polo seu dinamismo empresarial.

Outras novas

Todas as noticias relacionadas co Polígono de Carballo ou que poidan ser de interese para as empresas que o compoñen.