Novas: Xeral
Estás aquí: Inicio \ Novas \ Xeral
Visita de traballo aos polígonos de Bidosola e Torrelarragoiti (País Vasco).

Visita de traballo aos polígonos de Bidosola e Torrelarragoiti (País Vasco).

28 marzo, 2019 Xeral

Os pasados días 26 e 27 representantes do  Concello de Carballo e da Comunidade de Propietarios do Polígono realizaron unha visita de traballo ao País Vasco para coñecer sobre o terreo o modelo de xestión implantado nos polígonos industriais certificados co selo de calidade promovido pola Coordinadora Española de Polígonos Empresariais CEPE.

O selo Polígono Empresarial de Calidade é a primeira marca europea calidade para polígonos e parques empresarial; e busca ser un elemento que contribúa á competitividade do territorio, mellorando os servizos das áreas empresariais atendendo ás necesidades presentes e futuras dos seus usuarios. Para lograr esta certificación analízanse distintos aspectos relacionados coa xestión dos polígonos valorando unha serie de requisitos xurídicos, de titularidade, de servizos básicos e de valor ou de influencia social.

O País Vasco é a comunidade autónoma cun maior número de polígonos certificados. O día 26 tivemos a oportunidade de visitar o polígono de  Bidosola promovido e xestionado pola axencia do Goberno  Varco  Sprilur, onde fomos recibidos polo director e os responsables de empresas participadas desta axencia pública equivalente á galega  Xestur. O mércores 27 trasladámonos ao polígono de  Torrelarragoiti no concello de  Zamudio, que foi a primeira área empresarial española en logran o certificado  Poligono Empresarial de Calidade, alí tivemos unha xornada de estudo co xerente da Axencia de Desenvolvemento Local do Consorcio Comarcal de  Txorierri e responsable do proxectos Marca de Calidade de  CEPE, tamén puidemos intercambiar experiencias co alcalde do municipio que nos trasladou como o certificado de calidade transformouse nun elemento de atracción de novas empresas.

En Galicia só está certificado o polígono de Agrela na Coruña. Desde a Comunidade de Propietarios do Polígono de Carballo apostase por esta marca de calidade como un elemento que axudará a mellorar os servizos e infraestruturas do noso polígono, posicionándoo como unha das áreas empresariais de referencia na nosa comunidade a autónoma.

Outras novas

Todas as noticias relacionadas co Polígono de Carballo ou que poidan ser de interese para as empresas que o compoñen.