Novas

Estas aquí: Inicio \ Novas
Nova infraestrutura de fibra óptica e novos operadores de telefonía.

Nova infraestrutura de fibra óptica e novos operadores de telefonía.

25 outubro, 2022 Xeral

Desde este mes de outubro está operativa a nova infraestrutura de fibra óptica que despregou Rede Aberta dando servizo ao 100% da nosa área empresarial. Esta nova infraestrutura permitirá que cheguen novos operadores de telefonía ao polígono.

I Feira do Emprego e a Formación do Polígono de Carballo.

I Feira do Emprego e a Formación do Polígono de Carballo.

25 outubro, 2022 Xeral

O evento celebrouse o día 28 de setembro no Centro Social de Bértoa contando cunha importante participación de público, empresas e entidades. Desde a Comunidade de Propietarios valoraron moi positivamente a feira e apostan pola súa continuidade.

Adxudicada a obra de urbanización do novo aparcamento de vehículos pesados.

Adxudicada a obra de urbanización do novo aparcamento de vehículos pesados.

21 septembro, 2022 Xeral

A intervención cun investimento de 243.259 euros poñerá ao dispor dos usuarios do polígono 42 novas prazas para vehículos pesados, esta actuación tamén inclúe o pintado dos viais do polígono e a renovación parcial da señalética vertical.

A Xunta somete a consulta ambiental o trazado da estrada de circunvalación.

A Xunta somete a consulta ambiental o trazado da estrada de circunvalación.

29 xuño, 2022 Xeral

Esta infraestrutura conectará directamente a nosa área empresarial coas estradas de Ordes (AC-413) e Santiago (DP-1914) sen necesidade de atravesar o núcleo urbano de Carballo. A consulta ambiental está aberta durante un período de 20 días.

En concurso de venda as últimas cinco parcelas da 2ª fase.

En concurso de venda as últimas cinco parcelas da 2ª fase.

28 xuño, 2022 Xeral

Xestión do Só de Galicia (Xestur SA) saca a concurso de venda o últimas cinco parcelas dispoñibles na 2ª fase da nosa área empresarial. Un total de 35.083 metros cadrados polo que se poderán presentar ofertas ata o 12 de xullo.

Intervencións no polígono a cargo do remante municipal.

Intervencións no polígono a cargo do remante municipal.

27 xuño, 2022 Xeral

No pleno municipal que se celebrará hoxe aprobaranse dúas importantes intervencións no polígono por un importe total de 321.717 euros, correspondentes a compra/expropiación dos terreos do futuro viario que comunicará o polígono coa estrada de Razo e tamén melloras no aparcamento e na sinalización.

22.500 metros cadrados para uso industrial.

22.500 metros cadrados para uso industrial.

10 xuño, 2022 Xeral

A Xunta de Galicia aproba o cambio de uso de dúas parcelas da 2ª fase que ata a data tiñan orientación terciaria e que desde agora poderán albergar empresas de natureza industrial. O cambio realízase a iniciativa da Comunidade de Propietarios do Polígono.

A Xunta adxudica a redacción do proxecto de ampliación do polígono en 554.007 metros cadrados máis.

A Xunta adxudica a redacción do proxecto de ampliación do polígono en 554.007 metros cadrados máis.

08 xuño, 2022 Xeral

A Xunta de Galicia destinará un total de 62.436 euros á redacción do proxecto de aplicación do noso parque empresarial. Este proxecto está declarado de interese autonómico (PIA) e foi adxudicado á empresa Proyfe SL.

< 3 4 5 6 7 8 >