Novas: Xeral
Estás aquí: Inicio \ Novas \ Xeral
Convenio de colaboración entre a ECOXEM e a Escola Universitaria de Relacións Laborais da Coruña.

Convenio de colaboración entre a ECOXEM e a Escola Universitaria de Relacións Laborais da Coruña.

15 abril, 2026 Xeral

A ECOXEM do polígono e a Fundación Escola Universitaria de Relacións Laborais da Coruña (ERLAC) asinaron no día de onte un acordo marco de colaboración co obxectivo de reforzar a conexión entre o tecido empresarial do polígono e o ámbito formativo.

Este convenio permitirá facilitar a realización de prácticas do alumnado de ERLAC nas empresas do polígono, así como fomentar a participación das empresas en programas formativos e de investigación promovidos pola entidade académica.

Ademais, o acordo establece un marco de colaboración para a difusión conxunta de oportunidades formativas, bolsas de emprego e actividades, contribuíndo a mellorar a empregabilidade e a adaptación dos perfís profesionais ás necesidades reais do mercado laboral.

O Polígono de Carballo, con máis de 230 empresas implantadas e máis de 3.000 empregos directos, reforza así unha das súas principais liñas de actuación: achegar o mundo empresarial ao ámbito formativo e facilitar a incorporación de talento cualificado.

Para garantir o correcto desenvolvemento do convenio, ambas entidades crearán unha comisión de seguimento, que permitirá avaliar as actuacións e propoñer novas iniciativas de colaboración.

Con esta sinatura, a ECOXEM continúa avanzando no seu obxectivo de xerar sinerxías entre empresas, centros de formación e territorio, consolidando o Polígono de Carballo como un entorno dinámico, competitivo e conectado co talento.

Pola parte da ERLAC asinou o convenio o seu secretario técnico de dirección, José Manuel Vázquez Forno, e pola parte da ECOXEM a súa presidenta, Raquel Rodríguez Hernández.

Outras novas

Todas as noticias relacionadas co Polígono de Carballo ou que poidan ser de interese para as empresas que o compoñen.