Novas: Xeral
Estás aquí: Inicio \ Novas \ Xeral
Segundas xornadas loxísticas.

Segundas xornadas loxísticas.

03 abril, 2026 Xeral

O pasado 26 de marzo celebráronse en Coristanco as II Xornadas Loxísticas, unha iniciativa que impulsamos conxuntamente o Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa e AXOBER, co obxectivo de abordar os principais retos aos que se enfronta o sector.

A xornada reuniu a empresas, profesionais, alumnado e representantes institucionais, consolidándose como un espazo de encontro para analizar os retos e oportunidades do ámbito loxístico.

Durante a sesión tratáronse cuestións crave como a transformación do sector, a incorporación de novas tecnoloxías e sistemas de xestión, así como a importancia da formación especializada para dar resposta ás necesidades reais das empresas.

Un dos aspectos máis salientables foi a colaboración entre o ámbito educativo e o tecido empresarial, poñendo de relevo a necesidade de aliñar a formación coas demandas do mercado laboral. Neste sentido, a participación do alumnado permitiu achegar a realidade do sector aos futuros profesionais.

Así mesmo, púxose o foco na innovación e a dixitalización como elementos imprescindibles para mellorar a competitividade das empresas, así como na importancia de aproveitar as ferramentas e recursos dispoñibles para afrontar os cambios que está a experimentar o sector.

Desde a ECOXEM do Polígono de Carballo participamos activamente na xornada, moderando unha das mesas redondas e encargándonos da clausúraa, reforzando así o noso papel como axente dinamizador da contorna empresarial da comarca.

Desde a organización queremos destacar o valor deste tipo de iniciativas, que permiten xerar sinerxías entre empresas, centros formativos e entidades, favorecendo un desenvolvemento económico máis coordinado e competitivo en Bergantiños.

A xornada concluíu cunha alta participación e co compromiso de seguir impulsando este tipo de encontros en futuras edicións.

Outras novas

Todas as noticias relacionadas co Polígono de Carballo ou que poidan ser de interese para as empresas que o compoñen.