Esta infraestrutura conectará directamente a nosa área empresarial coas estradas de Ordes (AC-413) e Santiago (DP-1914) sen necesidade de atravesar o núcleo urbano de Carballo. A consulta ambiental está aberta durante un período de 20 días.
No pleno municipal que se celebrará hoxe aprobaranse dúas importantes intervencións no polígono por un importe total de 321.717 euros, correspondentes a compra/expropiación dos terreos do futuro viario que comunicará o polígono coa estrada de Razo e tamén melloras no aparcamento e na sinalización.