Xestión de residuos

Estás aquí: Inicio \ Servizos \ Xestión de residuos

Comprometidos en minimizar o impacto da nosa actividade empresarial sobre o medio ambiente e a saúde, o noso polígono dispón dos seguintes servizos de xestión de residuos:

Punto limpo

O horario do punto limpo é os xoves e os sábados de 10:00 horas a 13:30 horas e de 16:00 horas a 19:00 horas. Se a túa empresa ten algún tipo de necesidade especial, podes poñerche en contacto coa concesionaria que xestiona o punto limpo: 981 754 917.

Recollida porta a porta de cartón e plástico

Todas as empresas integradas na Comunidade de Propietarios benefícianse dun servizo de recollida nas súas propias instalacións de cartón e plástico. Este servizo préstase todos os luns e xoves do ano. Para adherirche ou ampliar a información:

Tlf: 981 701 090
Email: infopoligonodecarballo.com

Recollida Residuos Sólidos Urbanos (RSU)

A recollida de RSU na nosa área empresarial realízase os martes e venres de todo o ano. Para ampliar a información e consultar necesidades especiais podes poñerche en contacto coa concesionaria que xestiona a recollida:

Oficina: 981 754 917
Móbil: 636 333 619