Novas: Xeral
Estás aquí: Inicio \ Novas \ Xeral
Aberta a variante de  Aradas que facilita as nosas comunicacións co polígono do Tambre.

Aberta a variante de Aradas que facilita as nosas comunicacións co polígono do Tambre.

05 febreiro, 2019 Xeral

Coa apertura este luns da variante de  Aradas, que une a estrada Carballo-Santiago (DP-1914) co polígono  do Tambre, os camións que chegan á capital galega desde Carballo tardarán 20 minutos menos e percorrerán un 73% menos de distancia para entrar e saír do polígono compostelán.

As obras desta infraestrutura comezaron en setembro de 2017 e servirán para desviar a uns 4.000 vehículos diarios, a metade deles camións, que na actualidade vense obrigados atravesar os barrios composteláns de Vite e Vista Alegre. Esta vía de alta capacidade conta con algo máis de quilómetro e medio de lonxitude e un investimento de seis millóns de euros.

Circunvalación de Carballo.

A pesar desta mellora, as comunicacións do polígono de Carballo con Santiago e o sur de Galicia son moi deficitarias, dificultando o intercambio comercial e de servizos das nosas empresas con esa importante área xeográfica. É por iso, que desde a Comunidade de Propietarios do Polígono vense insistindo na necesaria posta en marcha da estrada de circunvalación de Carballo que permitiría librar de tráfico ao núcleo urbano do noso municipio e supoñería unha importante mellora, a relativo baixo custo, das comunicacións con Santiago e o sur da Comunidade Autónoma.

Outras novas

Todas as noticias relacionadas co Polígono de Carballo ou que poidan ser de interese para as empresas que o compoñen.