Novas: Xeral
Estás aquí: Inicio \ Novas \ Xeral
Melloras na rede de hidrantes e na rede de abastecemento de auga.

Melloras na rede de hidrantes e na rede de abastecemento de auga.

10 novembro, 2020 Xeral

Esta intervención, xa en funcionamiento, ven a cubrir unha importante necesidade da nosa área empresarial, supoñendo unha inversión de 86.500 € financiados nun 80% pola Xunta de Galicia e nun 20% polo Concello de Carballo. Os novos hidrantes serán señalizados e incluidos no plan de autoprotección do polígono vixente desde o pasado mes de maio.

No día de onte visitou o noso polígono en novo delegado territorial da Xunta de Galicia para a provincia da Coruña, Gonzalo Trenor, o obxecto desta visita foi a supervisión da posta a piques da nova rede de hidrantes instalada na primeira fase da nosa área empresarial. Na visita estivo acompañado polo alcalde, Evencio Ferrero, polo deputado autonómico, Rubén Lorenzo, e por representantes da Comunidade de Propietarios do Polígono.

Esta obra supuxo un investimento de 86.500 € financiados nun 80% pola Xunta de Galicia e nun 20% polo Concello e supón unha importante mellora na seguridade do polígono. Desde a Comunidade de Propietarios manifestan a súa satisfacción por ver concretada unha demanda que viñan reclamando durante os últimos anos. Esta intervención tamén foi aproveitada para mellorar a rede de abastecemento de auga do polígono na zona da rotonda de acceso desde a rúa Isaac Albéniz.

Plan de  autoprotección.

Os novos hidrantes serán debidamente sinalizados para impedir que vehículos aparcados dificulten ou impidan o seu uso en caso de necesidade e para a súa inclusión que o plan de autoprotección do polígono en vigor desde o pasado mes de maio.

Outras novas

Todas as noticias relacionadas co Polígono de Carballo ou que poidan ser de interese para as empresas que o compoñen.