Novas: Xeral
Estás aquí: Inicio \ Novas \ Xeral
Presentación do convenio de colaboración con IFFE Business  School.

Presentación do convenio de colaboración con IFFE Business School.

13 decembro, 2018 Xeral

Onte, no Viveiro de Empresas, tivo lugar a presentación pública do convenio de colaboración entre a Comunidade de Propietarios do PolígonoIFFE  Business  School. Unha alianza orientada a mellorar a competitividade das empresas do polígono a través da formación continúa dos seus empregados.

Con este convenio a comunidade de propietarios pretende dar resposta á demanda de accións formativas de calidade impartidas no propio polígono que as empresas lle fixeron chegar a través do cuestionario de diagnostico que se lles remitiu o pasado mes de setembro.

IFFE  Business  School ten a súa sede no municipio de Oleiros e conta unha ampla experiencia, a través da súa oferta de másteres, programas de especialización e formación In Company, en dar resposta ás necesidades formativas do mundo da empresa cunha orientación 100% práctica. Coa firma deste acordo, a comunidade de propietarios contará co asesoramento e a experiencia de  IFFE  Business  School á hora organizar e impartir as súas propias accións formativas respondendo as necesidades especificas das empresas do polígono.

Outro dos incentivos do convenio é un desconto do 10% sobre o prezo orixinal de matrícula para todos os profesionais pertencentes ás empresas que forman parte da comunidade de propietarios, que estean interesados en cursar algún dos programas que imparte  IFFE  Business  School no seu campus de Oleiros. Este desconto poderá ser maior para aqueles programas máis estreitamente vinculados aos sectores con presenza no polígono, como poden ser o  Máster en Big Data e Analítica de Negocio e o Máster en Industria 4.0 e Transformación Dixital que contará cun desconto do 40%-50% sobre o seu prezo orixinal.

Se estás interesados en ampliar esta información non dubides en poñerche en contacto coa Oficina da Comunidade de Propietarios a través do 981 701 090 ou escribindo a info@poligonodecarballo.com

Adxuntos:
Outras novas

Todas as noticias relacionadas co Polígono de Carballo ou que poidan ser de interese para as empresas que o compoñen.