Novas: Xeral
Estás aquí: Inicio \ Novas \ Xeral
O polígono participa na edición 2023 de Mindtech.

O polígono participa na edición 2023 de Mindtech.

20 xuño, 2023 Xeral

Os días 20, 21 e 22 celébrase en Vigo a 3.ª edición de Mindtech, unha feira de referencia para o sector do metal e as súas tecnoloxías asociadas. O polígono busca poñer ao dispor do sector o chan industrial dispoñible actualmente e a medio prazo coa ampliación.

O polígono de Carballo leva tempo posicionándose como un espazo atractivo (por prezo, servizos e localización) para a implantación de empresas de natureza industrial. Neste sentido foron algunhas das alegacións realizadas pola Comunidade de Propietarios do Polígono á proposta orixinal do proxecto de ampliación que xa está a tramitar a Xunta de Galicia: que se priorice o uso industrial das parcelas sobre o comercial.

Esta postura non é caprichosa, nos últimos anos a demanda de chan na zona foi de natureza industrial e este tipo de empresas teñen unha maior capacidade tractora sobre a súa contorna, o que supón máis traballo para a industria auxiliar asentada na zona e empregos de maior calidade.

Nesta liña inscribir a participación do polígono na edición 2023 de Mindtech. Este evento se ha transformando nunha referencia a nivel ibérico para o sector do metal e as súas tecnoloxías asociadas; neste sentido, a Comunidade de Propietarios busca dar a coñecer a oferta de chan industrial existente actualmente no polígono (tanto o ofrecido por particulares como o que aínda posúen Xestur na 2.ª fase), así como a oferta de chan que haberá dispoñible a medio prazo coa execución da 3.ª fase (581.450 m2).

O estand do polígono está situado no expositor B25.

Outras novas

Todas as noticias relacionadas co Polígono de Carballo ou que poidan ser de interese para as empresas que o compoñen.