Noticias: General
Estás aquí: Inicio \ noticias \ General
Plan de Acreditación de competencias profesionales a través da experiencia laboral.

Plan de Acreditación de competencias profesionales a través da experiencia laboral.

08 abril, 2011 General
O obxecto da acreditación de competencias é o de recoñecer, avaliar e acreditar a competencia adquirida a través da experiencia laboral e outras aprendizaxes non formais.
A finalidade consiste en recoñecer e avaliar as competencias profesionais adquiridas polas persoas no desenvolvemento do seu traballo ou por outras vías non formais de formación, mediante procedementos que garantan a fiabilidade, a obxectividade e o rigor técnico da avaliación, así como acreditar as compentencias profesionais adquiridas polas persoas traballadoras e contribuír así á capitalización dos seus saberes e ao fomento da súa aprendizaxe ao longo da vida. As unidades de competencia constitúen o referente que lles proporciona a identidade profesional ás persoas aspirantes, e fai posible a transformación dos datos procedentes da súa actividade profesional e das aprendizaxes non formais en evidencias de competencia válidas para a avaliación do seu desempeño activo. A acreditación de unidades de competencia farase sobre as unidades de competencia dos títulos de formación profesional vixentes. ENLACE A LA DOCUMENTACIÓN COMPLETA DE LA XUNTA
Otras noticias

Todas las noticias relacionadas con el Polígono de Carballo o que puedan ser de interes para las empresas que lo componen.