Antonio Gómez Caamaño faleceu o pasado 18 de agosto aos 79 anos. Presidente da Comunidade de Propietarios do Polígono entre 2013 e 2022, o seu mandato estivo marcado por importantes avances na profesionalización e consolidación da xestión do parque empresarial.
A aprobación definitiva do trazado do vial de circunvalación supón un novo impulso a unha das infraestruturas máis demandadas polo tecido empresarial do polígono. Este trámite leva aparellada a declaración de utilidade pública da actuación e permitirá avanzar na redacción do proxecto construtivo, paso previo á licitación e ao comezo das obras.