Un viveiro de empresas é un espazo pensado para facilitar a posta en marcha de ideas emprendedoras. O usuario atopará no viveiro unha serie de recursos que lle axudarán a iniciar a súa actividade empresarial así como a minimizar os gastos vinculados ao establecemento dun novo negocio.
A Cámara de Comercio da Coruña elixiu o noso polígono para situar o seu viveiro de empresas. Dita instalación, está dividida en tres partes: unha central onde se prestan os servizos comúns e dúas ás onde se sitúan os 18 despachos destinados aos emprendedores. Todos os despachos están equipados con mobiliario, iluminación, climatización, teléfono e acceso a internet. Así mesmo, o viveiro de empresas dispón de espazos e servizos comúns tales como salas de reunión, unha aula de formación, servizos de limpeza e mantemento, conserxería, alarma, etc. Todo isto fai desta instalación un espazo idóneo para a posta en marcha do teu proxecto empresarial.
Se estás interesado en poñer en marcha un proxecto emprendedor ou en abrir unha delegación no noso polígono, podes consultar as tarifas e os trámites de alta na seguinte ligazón: Solicitude de Espazo no Viveiro de Empresas do Polígono de Carballo.
Así mesmo o viveiro de empresas pon a disposición de calquera interesado, a súa sala de usos múltiples, a aula de formación e a aula de informática. Estes espazos dispoñen de todas as comodidades e servizos, sendo idóneos para a celebración no noso polígono das túas reunións de traballo, presentacións comerciais ou accións formativas. Podes consultar as tarifas de uso na seguinte ligazón: Tarifas complementarias.
Polígono de Carballo, Parc. A |
Telf.: 981 732 887 |
Fax: 981 732 897 |
viverocarballocamaracoruna.com |
De luns a venres:
De 8:30h a 16:00h