O Polígono de Carballo é un parque empresarial situado a cabalo da área metropolitana da Coruña e as comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira, Xallas e Fisterra.
Cunha superficie de 1.218.000 m2 somos un dos polígonos industriais con maior tamaño da Comunidade Autónoma galega, caracterizándonos por unha funcionalidade complexa, propia dos parques empresariais de grandes dimensións, o que nos permite aloxar no noso interior actividades económicas que demandan un maior consumo de chan industrial e altos niveis de especialización.
A través da mellora continua de servizos e infraestruturas, aspiramos a mellorar a competitividade da nosa área empresarial e das empresas nela asentadas e, así, transformar ao Polígono de Carballo nun importante polo de desenvolvemento económico a nivel provincial e autonómico.
A nosa aposta pola competitividade non está rifada coa xestión cívica dos nosos distintos grupos de interese, traballando cada día por ser un axente crave no desenvolvemento sustentable da nosa contorna.