O parque de bombeiros de Carballo é un dos 10 parques pertencentes ao Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña.
Situado na parcela G-2 do noso polígono garante unha rápida intervención no caso de producirse algunha situación de emerxencia nalgunha das naves ou vías da nosa área empresarial.
Entre os seus fins está a colaboración cos servizos municipais de protección civil para o salvamento de persoas e bens, a prevención e extinción de incendios, así como a intervención ante calquera tipo de sinistro ou situación de risco. O parque de bombeiros de Carballo dá servizo aos municipios da Cabana, Carballo, Coristanco, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Ponteceso e Tordoia.
Rúa do Bronce, Parcela G-2 Polígono Industrial de Carballo 15105 - Bértoa, Carballo (A Coruña) |
|
Tlf: | 981 758 057 |
Fax: | 981 732 825 |
Email: | registrocciacoruna.com |