Zonas Verdes, lecer e hostalería

Estás aquí: Inicio \ Servizos \ Zonas Verdes, lecer e hostalería

A escasos tres quilómetros do núcleo urbano de Carballo, o noso polígono transformouse nun espazo para o lecer e o esparexemento non só dos seus usuarios máis directos, senón tamén para moitos veciños de Carballo e comarca.

A nosa área empresarial dispón dunha zona verde cunha superficie superior aos 130.000 metros cadrados e cun circuíto de 4 quilómetros de lonxitude, habilitado para a práctica do sendeirismo. Así mesmo, neste espazo, ao longo do ano celébranse distinto tipo de actividades lúdicas e deportivas (feiras, concertos, campionatos de BTT, etc.). Este tipo de actividades, non están rifadas coa nosa política de sustentabilidade orientada á progresiva transformación desta zona verde nun bosque atlántico que permita compensar as emisións de carbono das empresas situadas no polígono e integre a nosa área empresarial na paisaxe.

O polígono dispón de importantes instalacións deportivas, por unha banda o Complexo Deportivo As Eiroas dependente do Concello e por outras dúas empresas dedicadas ao aluguer de pistas de padel: 3D3 Padel e Mi Club Padel. Esta oferta complétase con dous restaurantes que ofrecen menú do día: Restaurante D´Mar e Restaurante Asador As Eiroas.