Noticias: General
Estás aquí: Inicio \ noticias \ General
Formoso (PSdeG) comprométese a estudar a viabilidade da conexión do polígono de Carballo coa estrada a Santiago

Formoso (PSdeG) comprométese a estudar a viabilidade da conexión do polígono de Carballo coa estrada a Santiago

20 septiembre, 2016 General
O político socialista reuniuse este martes cos empresarios de Bértoa para coñecer de primeira man os seus desafíos e reivindicacións.
A Asociación de Empresarios do Polígono de Carballo mantivo unha reunión este martes co representante do PSdeG, Valentín González Formoso, para presentarlle as súas propostas de mellora do tecido produtivo desta área empresarial, a máis dinámica da Costa da Morte e unhas das máis relevantes da provincia da Coruña. Os empresarios conseguiron que Formoso se comprometera a estudar a viabilidade de facilitar a conexión do polígono coa estrada Carballo-Santiago, unha vella reivindicación contemplada no actual PXOM que os técnicos deberán analizar de forma exhaustiva e pormenorizada. O político socialista tamén amosou o seu apoio aos empresarios para a redacción do seu plan director, no que será clave a dotación de gas natural e fibra óptica para incrementar a súa competitividade. Na reunión, na que tamén participaron outros representantes locais do PSOE como María Carmen Vila, Valentín Costa Trigo, José Antonio Viña Patiño e María Torres, fíxose unha análise xeral sobre o tecido produtivo e os proxectos emprendedores na provincia da Coruña. Pola súa banda, a directiva do polígono, representada polo seu presidente Antonio Gómez e o secretario Juan Carlos Fernández, valorou o encontro como “altamente” positivo debido á oferta de colaboración manifestada polo PSOE. ·Máis de 140 empresas e 800 millóns de euros. Na actualidade, o polígono industrial é a sede de máis de 140 empresas que dan traballo de forma directa a máis de 1.000 persoas. Este polo empresarial ten unha gran relevancia económica para toda a Costa da Morte, xa que as súas empresas suman unha facturación conxunta superior aos 800 millóns de euros.
Otras noticias

Todas las noticias relacionadas con el Polígono de Carballo o que puedan ser de interes para las empresas que lo componen.