Horbesa foi fundada no ano 1988, sendo a primeira empresa en instalarse no Polígono Industrial de Carballo.
Anos máis tarde, en 1992, debido á constante expansión da empresa, Horbesa abre unha nova sede en Sada.
A ampliación do ámbito xeográfico de actuación fixo que no 2002 se establecese outra sede da empresa en Cerceda. Polo que na actualidade Horbesa conta con 3 sedes propias.
Horbesa dedícase á fabricación de formigón e é socio de ANEFHOP.