A Xunta de Galicia aproba o cambio de uso de dúas parcelas da 2ª fase que ata a data tiñan orientación terciaria e que desde agora poderán albergar empresas de natureza industrial. O cambio realízase a iniciativa da Comunidade de Propietarios do Polígono.
A Xunta de Galicia aprobou onte a modificación puntual do proxecto sectorial da 2ª fase co fin de poñer ao dispor das empresas interesadas 22.500 metros cadrados novos de chan industrial dentro do parque. Con este cambio a nosa área empresarial gañará dúas parcelas para acoller iniciativas industriais que ata o de agora estaban reservadas a uso terciario (comercial, oficinas ou hostaleiro) pero que non rexistraban demanda neste sentido.
A previsión é que o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) convoque antes de que termine este mes un concurso especifico para sacar á venda ambas as parcelas:
As parcelas son contiguas polo que unha empresa que necesite ata 22.500 cadros poderá adquirilas de forma conxunta.