A Xunta publicou no DOG a relación de propietarios afectados pola ampliación do polígono que non puideron ser notificados de forma individual. Os interesados dispoñen de dez días para comparecer ante a Administración e coñecer o contido do expediente.
A Xunta comunicou a posta en funcionamento de dúas paradas de autobús no polígono a partir do próximo 25 de maio, unha actuación moi demandada polas empresas e traballadores do parque empresarial e que permitirá mellorar as nosas conexións con Carballo e A Coruña.
A ECOXEM do polígono realizou este pasado venres un simulacro de emerxencia co obxectivo de avaliar a capacidade de resposta ante posibles situacións de risco e reforzar a coordinación entre os distintos equipos de intervención.
A ECOXEM do polígono e a Fundación Escola Universitaria de Relacións Laborais da Coruña (ERLAC) asinaron no día de onte un acordo marco de colaboración co obxectivo de reforzar a conexión entre o tecido empresarial do polígono e o ámbito formativo.
O pasado 26 de marzo celebráronse en Coristanco as II Xornadas Loxísticas, unha iniciativa que impulsamos conxuntamente o Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa e AXOBER, co obxectivo de abordar os principais retos aos que se enfronta o sector.
Hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a aprobación inicial do proxecto de expropiación da ampliación da nosa área empresarial. Os titulares das parcelas afectadas serán notificados individualmente, tendo un mes para formular alegacións.
O vindeiro día 3 de decembro terá lugar ás 20:00 horas no Centro Social de Bértoa a primeira Asemblea Xeral Ordinaria da ECOXEM. O principal tema a tratar é a aprobación do seu orzamento para 2026.
Este luns, o Consello da Xunta de Galicia autorizou o inicio do Proxecto de Desenvolvemento Urbanístico da ampliación. A previsión é que no primeiro trimestre de 2026 supere a avaliación ambiental, permitindo licitar as obras co obxectivo de que poidan comezar a principios de 2027.