Novas: Xeral
Estás aquí: Inicio \ Novas \ Xeral
Segunda promoción del Programa Transformación Digital Pymes.

Segunda promoción del Programa Transformación Digital Pymes.

20 outubro, 2025 Xeral

Esta fin de semana celebráronse as dúas últimas sesións presenciais do programa, orientado a impulsar a transformación dixital das pemes. No peche acompañou aos participantes Venancio Salcines, reitor do Centro de Estudos Superiores Universitarios de Galicia (CESUGA).

O pasado mes de abril, un grupo de seis responsables de empresas con máis de dez empregados da Costa da Morte iniciou a súa participación na II Edición do Programa Transformación Dixital PEMES, unha iniciativa financiada con fondos Next Generation cuxo obxectivo é impulsar a dixitalización do tecido empresarial.

Os contidos e formadores do programa foron deseñados pola Escola de Organización Industrial (EOI) e o Centro de Estudos Superiores Universitarios de Galicia (CESUGA), estruturados en catro módulos formativos que abordaron como a dixitalización afecta á relación con clientes e provedores, aos procesos internos e á xestión dos recursos humanos. En total, o programa ofreceu 150 horas de formación e 10 de consultoría personalizada, impartidas maioritariamente en formato en liña, mentres que as sesións presenciais desenvolvéronse no Centro de Promoción Económica do Polígono de Carballo.

Este sábado tivo lugar a última sesión presencial, na que participou Venancio Salcines, reitor de CESUGA, quen felicitou ás persoas participantes pola súa implicación e animounas a implementar a transformación dixital nas súas empresas. “A dixitalización xa non é unha cuestión de competitividade, senón de supervivencia”, subliñou Salcines.

Dada a boa acollida desta formación, desde o Polígono de Carballo xa se traballa no lanzamento dun novo programa formativo sobre dixitalización, orientado a empresas de menos de dez empregados, tamén en colaboración con CESUGA.

 

O Polígono de Carballo, un referente en xestión empresarial.

O pasado 1 de outubro, os propietarios do Polígono de Carballo deron o paso definitivo para constituír a primeira Entidade de Conservación, Xestión e Modernización (ECOXEM) de Galicia, unha figura creada pola Lei 3/2022 de Áreas Empresariais de Galicia para profesionalizar e modernizar a xestión dos parques industriais.

Este carácter pioneiro do Polígono de Carballo será posto en valor o 3 de novembro en Madrid, nunha xornada técnica organizada pola Confederación Española de Áreas Empresariais (CEDAES) e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), na que o xerente do polígono, Pablo Rodríguez, presentará a experiencia de Carballo, o proceso de constitución da ECOXEM e as principais vantaxes e características deste novo modelo de xestión.

Outras novas

Todas as noticias relacionadas co Polígono de Carballo ou que poidan ser de interese para as empresas que o compoñen.