Novas: Xeral
Estás aquí: Inicio \ Novas \ Xeral
A ampliación do polígono xa é unha realidade.

A ampliación do polígono xa é unha realidade.

07 maio, 2021 Xeral

A conselleira Ánxeles Vázquez visitou onte a nosa área empresarial e anunciou a tan demanda ampliación do polígono. Os trámites de ampliación iniciaranse este mes de xuño e a previsión é que se empece a comercialización de parcelas no 2023.

No día de onte concretábase un anuncio histórico para a nosa área empresarial. A conselleira Ánxeles Vázquez anunciaba o inicio dos trámites de ampliación do noso polígono. Este mes de xuño arrincará a licitación da redacción do proxecto sectorial, ao longo do 2022 procederase á expropiación dos terreos que aínda non foron adquiridos e no 2023 procederase ás obras de urbanización e á comercialización de parcelas. Con esta ampliación de 554.004 metros cadrados, a nosa área empresarial alcanzaría unha superficie de 1.800.000 metros cadrados, transformándose nun dos polígonos máis importantes da comunidade autónoma.

A conselleira estivo acompañada na súa visita polo alcalde, Evencio Ferrero, e por membros da Comunidade de Propietarios do Polígono, que valoraron moi positivamente o anuncio e os prazos de execución anunciados. Actualmente, despois da última poxa, só quedan 11 parcelas por adxudicar na 2ª fase do polígono, sendo unha das áreas empresariais con maior demanda de chan industrial de Galicia.

A anunciada ampliación é unha aposta segura nunha das áreas empresariais máis dinámicas da comunidade autónoma reforzando o eixo industrial formando polos municipios de Arteixo, A Laracha e Carballo.

Adxuntos:
Outras novas

Todas as noticias relacionadas co Polígono de Carballo ou que poidan ser de interese para as empresas que o compoñen.