Novas: Xeral
Estás aquí: Inicio \ Novas \ Xeral
A bolsa de emprego do polígono supera os mil rexistrados.

A bolsa de emprego do polígono supera os mil rexistrados.

09 septembro, 2024 Xeral

No que vai de ano a Bolsa de Emprego do polígono leva xestionado 46 oferta laborais. Trátase dun servizo gratuíto ao dispor das máis de 230 empresas situadas no polígono xestionado directamente pola Comunidade de Propietarios.

A Bolsa de Emprego xestionada pola Comunidade de Propietarios do Polígono superou os 1.000 rexistrados, un logro significativo considerando que este servizo leva só dous anos funcionando de maneira regular.

Este servizo xurdiu para abordar as dificultades ás que se enfrontan moitas empresas ao contratar novo persoal. O seu propósito é facilitar a cobertura da demanda de man de obra das máis de 230 empresas situadas no polígono, dando prioridade aos demandantes de emprego da zona. No que vai de ano, a Bolsa de Emprego xestionou 46 ofertas laborais. Actualmente, atópanse abertas as vacantes para un condutor de camións e tráileres nunha empresa siderometalúrgica, un aprendiz para unha carpintería, así como un mozo de almacén e un condutor para unha empresa do sector de distribución de alimentos.

O funcionamento da Bolsa de Emprego é sinxelo. As empresas comunican as súas necesidades de persoal á Comunidade de Propietarios do Polígono, que se encarga de difundir as ofertas laborais entre os rexistrados e a través das súas redes sociais. Os interesados envían o seu currículo actualizado á Comunidade de Propietarios, que realiza un primeiro cribado e posteriormente remite os currículos ás empresas demandantes, quen continúa co proceso de selección. Ademais, ofrécese ás empresas a posibilidade de que desde a Comunidade de Propietarios xestiónese o proceso completo de selección (cribado de currículos, entrevistas etc.), presentándoselles unicamente os tres candidatos máis idóneos para o posto.

Os interesados en inscribirse na Bolsa de Emprego do polígono poden enviar o seu currículo a info@poligonodecarballo.com.

 

Comprometidos coa empregabilidade.

Unha das liñas prioritarias de traballo da Comunidade de Propietarios do Polígono é a promoción da empregabilidade. Ademais da Bolsa de Emprego, a comunidade organiza a súa feira do emprego e a formación Sinerxías, que este ano alcanzou a súa segunda edición. Tamén colabora estreitamente cos centros de formación profesional da comarca e participa en diversos eventos relacionados coa empregabilidade ao longo do ano.

O obxectivo da entidade xestora do polígono é seguir avanzando nesta liña, fortalecendo a conexión entre empresas e demandantes de emprego, contribuíndo, así, ao desenvolvemento económico e social da nosa contorna.

Outras novas

Todas as noticias relacionadas co Polígono de Carballo ou que poidan ser de interese para as empresas que o compoñen.