Entre os días de onte e hoxe o seu persoal repartirá de forma gratuíta entre as empresas un lote de 2.000 máscaras facilitadas pola Subdelegación do Goberno, así mesmo desde a Comunidade de Propietarios xestionouse, a través da Central de Compras da Xunta de Galicia, a adquisición de 12.000 máscaras por parte de distintas empresas que así o solicitaron.
Desde o inicio da crise sanitaria provocada pola enfermidade COVID-19, as máscaras transformáronse nun produto cada vez máis difícil de atopar e cando isto sucede o é a prezos máis elevados do normal.
Desde a Comunidade de Propietarios do Polígono de Carballo sendo conscientes desta situación e da importancia da seguridade e hixiene nos centros de traballo, especialmente nas actuais circunstancias, iniciou no día de onte a repartición gratuíta dun lote de 2.000 máscaras cirúrxicas facilitadas pola Subdelegación do Goberno, que veñen a sumar ás repartidas pola Garda Civil a semana pasada nos accesos ao parque empresarial.
Por outra banda, desde a Comunidade de Propietarios tamén se xestionou a través da Confederación de Empresarios da Coruña e a Central de Compras da Xunta, a adquisición de 14.000 máscaras por parte de distintas empresas do polígono que polo número de empregados ou as características da súa actividade teñen a necesidade dun maior número deste tipo de EPI. Estas máscaras entregaranse ao longo desta e a próxima semana.
Reunión con responsables municipais.
Así mesmo, responsables da Comunidade de Propietarios do Polígono mantiveron onte unha reunión por vídeo conferencia co alcalde, Evencio Ferrero, e o vicepresidente da Deputación e responsable da área de Promoción Económica do Concello, Xosé Regueira, para abordar a situación das empresas do polígono nas actuais circunstancias, así como as principais demandas dun polígono empresarial clave no futuro económico de Carballo e da comarca.Â
Desde a entidade empresarial trasladáronlle ao Concello a necesidade de tomar medidas para que esta crise golpeei o menos posible ás empresas e á económica local, así como algunhas das necesidades e demandas máis inmediatas expostas polo tecido produtivo da área empresarial. Por ambas as partes chegouse ao compromiso de manter reunións con carácter regular para facer un seguimento das medidas adoptadas e das necesidades que vaian xurdindo.