A semana pasada a Comunidade de Propietarios do Polígono procedeu á limpeza de maleza no perímetro de seguridade do noso parque empresarial. A medida está encamiñada a mellorar a seguridade de naves e parcela na época do ano de con maior risco de incendios forestais.
Como xa se realizou o ano pasado, a pasada semana, por espazo de dous días realizáronse no polígono traballos de roza e limpeza de maleza, principalmente no perímetro de seguridade do parque empresarial, así como nas parcelas que están habilitadas como aparcamentos disuasorios. O pasado día 1 de xullo, daba comezo en Galicia a tempada de alto risco de incendios, que se estenderá ata o día 30 de setembro; con estes traballos a Comunidade de Propietarios busca minimizar o risco de que algún tipo de lume poida afectar as naves situadas no polígono.
Así mesmo e tamén a pedimento da propia Comunidade de Propietarios, o Concello procedeu á mellora da sinalización dos hidrantes situados na primeira fase do polígono para facilitar o seu acceso e localización por parte dos equipos de emerxencia en caso de ser necesario o seu uso. A seguridade é unha das maiores preocupacións do colectivo empresarial, polo que xa se están dando os primeiros pasos na actualización do plan de autoprotección do polígono, así como na ampliación da rede de hidrantes.