Novas: Xeral
Estás aquí: Inicio \ Novas \ Xeral
A consulta pública a avaliación ambiental da 3ª fase.

A consulta pública a avaliación ambiental da 3ª fase.

10 febreiro, 2023 Xeral

A avaliación ambiental estratéxica do plan estructurante de ordenación do chan empresarial da 3ª fase da nosa área empresarial entra en fase de consulta pública. Esta consulta pública permanecerá aberta do 2 de febreiro ata o 16 de marzo. 

Nunha recente visita da conselleira de Medio Ambiente Territorio e Vivenda, anunciábase que no 2º semestre de 2024 sairían á venda as primeiras parcelas da 3ª fase e que a mediados de 2025 está ampliación xa estará totalmente urbanizada.  

Estes prazos conlevan poñer en marcha unha serie de tramites administrativos previos, un deles é o da avaliación ambiental estratéxica do plan estructurante de ordenación do chan empresarial correspondente á segunda ampliación do noso polígono. Unha avaliación ambiental que desde o pasado día 2 de febreiro e ata o próximo 16 de marzo entra na súa fase de consulta pública.

Este proceso de consulta pública permitiu coñecer (entre outros aspectos) o número total de leiras afectadas pola ampliación, a existencia dalgún elemento de interese etnográfico, os niveis freáticos e as características geotécnicas do terreo ou a existencia de cursos fluviais. Analizados todos estes elementos, a priori, non parece que vaia a existir ningún factor que poida comprometer a avaliación ambiental positiva do plan estructurante a 3ª fase da nosa área empresarial.

Lembramos que esta ampliación supoñerá un incremento na superficie do noso polígono de 581.450 metros cadrados o que supoñería que a nosa área empresarial alcanzaría unha superficie bruta de 1.799.450 metros cadrados sendo o de maior superficie da área metropolitana só superado por Sabón.

Adxuntos:
Outras novas

Todas as noticias relacionadas co Polígono de Carballo ou que poidan ser de interese para as empresas que o compoñen.