A segunda edición da feira do emprego e a formación do polígono celebrouse o pasado 19 de abril nas instalacións do Centro Social de Bértoa. O evento pasa a denominarse a partir desta edición Sinerxias I Empresa, emprego e territorio.
Tras o éxito da primeira edición da nosa feira do emprego e a formación, o pasado 19 de abril nas instalacións do Centro Social de Bértoa organizouse a segunda edición, que a partir deste ano pasa a denominarse Sinerxias I Empresa, Emprego e territorio. O cambio de nome busca dar unha imprenta única ao evento e diferencialo así das moitas feiras do emprego que de desenvolven en Galicia.
O obxectivo do evento é aliñar as exceptivas, obxectivos e as necesidades dos principais actores do mercado laboral da zona: empresas, centros de formación e demandantes de emprego. Nun contexto tan volátil como o actual propuxémonos a meta de reter o talento da zona e o de ser capaces de captar talento doutras comarcas galegas, que os mozos vexan Carballo e as empresas do polígono como unha opción para desenvolver a súa vida e carreira profesional. Ser capaces de reter e capacitar novo capital humano é un factor crave para a competitividade das empresas e dos territorios.
A feira contou cunha zona expositiva con 20 entidades entre centros de formación, institucións públicas e do terceiro sector e empresas. E cun amplo programa de charlas e mesas redondas, destacando a participación do conselleiro delegado de Nauterra, Mané Calvo, como conferenciante inaugural.
O evento, que estreou web propia, estivo amplamente concorrido por un publico que abarcou desde novos alumnos de secundaria que buscaban coñecer a oferta de formación profesional da zona ata empresarios interesados en coñecer as últimas tendencias no ámbito dos RRHH. Tamén gozou dunha ampla cobertura mediatica.
Desde a Comunidade de Propietarios do Polígono, responsables da súa organización, xa están a traballar na edición de 2025.