Este vial transcorre entre a Rúa Madeira da nosa área empresarial, cruza a autovía AG-55 a través dunha ponte e enlaza co sistema viario municipal que conecta con Razo, Baldaio, Lema ou Caión. O orzamento basee de licitación sen impostos é de 97.665, 68 euros.
O pasado martes 3 de setembro o Concello de Carballo publicaba na Plataforma de Contratación do Sector Público o anuncio de licitación da urbanización do vial de acceso á zona norte do polígono. Trátase dun vial que transcorre entre a Rúa Madeira da nosa área empresarial, cruza a autovía AG-55 a través dunha ponte e enlaza co sistema viario municipal que conecta con Razo, Baldaio, Lema ou Caión. Este vial permaneceu pechado ata a data ao non ter un estado de conservación adecuado para o trafico de vehículos.
As obras de habilitación do vial consistirán en:
O valor estimado da actuación é de 97.665,68 euros e o seu prazo de execución unha vez adxudicada a obra é de tres meses. As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o próximo día 23 de setembro ás 23:59 horas.
Esta intervención recibe unha subvención do 80% do seu importe por parte da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia ao amparo da Orde do 4 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia.
Desde a Comunidade de Propietarios do Polígono valoran moi positivamente a apertura deste novo vial, de feito, era unha das demandas que levaban trasladando os dous últimos anos ao Concello para mellorar a mobilidade dentro da área empresarial, liberando de tráfico os tres únicos accesos que tiña o polígono ata a data e que nas horas punta de saída e entrada dos traballadores sufrían importantes conxestións. A apertura deste novo acceso chega nun momento de crecemento do número de empresas e empregados no polígono e coa tramitación da 3ª fase bastante avanzada.
Peche nocturno.
A apertura deste vial non comprometerá o peche nocturno do polígono de 00:00h a 06:00h que ten autorizado a Comunidade de Propietarios do Polígono. Desde o ano 2022 xa está instalada unha barreira no acceso ao polígono desde a ponte da autoestrada AG-55 que entrará en funcionamento desde o mesmo momento que a apertura do vial sexa efectiva.