A Xunta de Galicia saca a licitación a redacción do proxecto de expropiación dos terreos correspondentes á 3ª fase da nosa área empresarial. O orzamento basee de licitación é de 90.614,71 euros e as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 24 de xaneiro.
Terminamos o ano con novos pasos no procedemento de ampliación do polígono. Se o pasado mes de novembro aprobábase o Plan estructurante de ordenación do chan empresarial (PEOSE) da ampliación, saíndo a información pública, e licitábase o proxecto de urbanización e parcelación por un valor de 220.000 euros; este 15 de decembro publicábase no portal de contratación pública da Xunta de Galicia a licitación da redacción do proxecto de expropiación e apoio técnico para a execución da expropiación dos terreos, bens e dereitos da 3ª fase da nosa área empresarial.
A expropiación afectará a uns 300.000 metros cadrados, en tanto que a Xunta xa é propietaria de máis da metade do espazo que fai falta.
Así mesmo, os Orzamentos da Comunidade Autónoma aprobados onte destinan 1.800.000 euros á ampliación; polo que, previsiblemente, durante o próximo ano esta actuación recibirá un impulso importante en liña cos prazos comprometidos pola vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez.