Este investimento da Xunta corresponde á resolución da orde de axudas para mellorar as infraestruturas dos polígonos galegos que convoca anualmente a Consellería de Economía, Emprego e Industria. O Concello de Carballo, pola súa banda, achegará 22.897 euros.
O pasado día 22 de maio, a Xunta de Galicia informaba sobre a resolución da orde de axudas para a mellora e modernización dos parques empresariais galegos. Entre os proxectos aprobados atópase o que presentou o Concello de Carballo a instancia da Comunidade de Propietarios do Polígono para executar o tramo de beirarrúa e carril bici que queda por realizar para conectar peatonalmente o polígono co núcleo urbano do municipio. Concretamente a nova senda peonil e carril bici unirá, a través das rúas Cobre e Isaac Alvéniz, a rotonda situada na AC-55 coa rotonda situada na entrada sur do noso polígono.
É a primeira vez que o Polígono de Carballo benefíciase desta convocatoria anual de subvencións que deben solicitar os concellos onde se atopan situadas cada unha das áreas empresariais beneficiarias. Desde a Comunidade de Propietarios do Polígono felicítanse polo logro deste investimento no polígono e márcanse como obxectivo a participación anual de Carballo esta convocatoria, a fin de lograr a excelencia no referente á calidade das infraestruturas urbanas do noso parque empresarial.