O pasado día 24, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto ao director de Mobilidade, Ignacio Mestre; anunciaron que a Xunta de Galicia está a estudar a implantación de tarifas nocturnas con bonificacións nas autoestradas galegas. Así o manifestaron na conmemoración do 40º aniversario da Federación Galega do Transporte de Mercadorías (Fegatramer), onde explicaron que estas novas bonificacións afectarían, entre outras, á autoestrada A Coruña – Carballo (AG-55)
Á espera da concreción desta medida e da supresión completa da peaxe, desde a Comunidade de Propietarios do Polígono valórase positivamente este anuncio que considera vai na dirección de mellorar a competitividade non só do polígono de Carballo, senón tamén a do porto exterior da Coruña e a do resto de parques empresariais da comarca.