Novas: Xeral
Estás aquí: Inicio \ Novas \ Xeral
A Xunta Xeral Ordinaria de Propietarios 2022 celebrarase o 25 de maio no auditorio do Fórum.

A Xunta Xeral Ordinaria de Propietarios 2022 celebrarase o 25 de maio no auditorio do Fórum.

09 maio, 2022 Xeral

Ademais de asuntos rutineiros como a aprobación do Informe de xestión ou as contas anuais, nesta Xunta Xeral someterase a votación un novo orzamento, do que derivará o novo importe das cotas, así como a renovación da Xunta Directiva unha vez expirou o actual mandato.

Será a primeria Xunta Xeral Ordinaria presencial desde a irrupción do Covid-19 e tamén a primeira na que participará os propietarios de ambas as fases do polígono, unha vez entrou en vigor o acordo de integración o pasado 1 de xaneiro. Nesta Xunta Xeral, ademais de asuntos de natureza rutineira como a aprobación do Informe de xestión e das contas correspondentes aos exercicios 2020 e 2021; someterase á votación dos comuneiros un novo orzamento do que derivará o novo importe das cotas, así mesmo procederase á elección dunha nova Xunta Directiva unha vez expirou o actual mandato.

En relación a este último punto, os aspirantes terán que formalizar a súa candidatura en info@poligonodecarballo.com antes do día 15 de maio ás 23:59 horas. As candidaturas deberán ir necesariamente acompañadas da lista de comuneiros propostos para ocupar cada un dos cargos que compoñen a Xunta Directiva (presidente, vicepresidente, secretario, tesoureiro e un mínimo dun vogal e un máximo de tres). Todos os candidatos deberán ser propietarios e estar ao corrente das obrigacións comunitarias. Unha vez presentadas as candidaturas, estás quedarán expostas nas oficinas da Comunidade de Propietarios ata o día de celebración da Xunta Xeral Ordinaria.

Por outra banda, recuperada certa normalidade sanitaria, unha vez finalizada a Xunta Xeral servirase, como viña sendo habitual, o tradicional viño español.

Para resolver calquera dúbida sobre a Orde do día da Xunta Xeral os comuneiros poden poñerse en contacto coa xerencia da Comunidade de Propietarios no 981 701 090 ou achegándose polas oficinas do Centro de Promoción Económica do Polígono no seu horario habitual.

Adxuntos:
Outras novas

Todas as noticias relacionadas co Polígono de Carballo ou que poidan ser de interese para as empresas que o compoñen.