Novas: Xeral
Estás aquí: Inicio \ Novas \ Xeral
A Zona Franca de Vigo recoñece as boas prácticas levadas a cabo por varias empresas do polígono.

A Zona Franca de Vigo recoñece as boas prácticas levadas a cabo por varias empresas do polígono.

02 septembro, 2019 Xeral

Dezaseis empresas do noso polígono destacan por ter algún tipo de indicador de boas prácticas no Informe Ardán 2019 que elabora o Consorcio Zona Franca de Vigo, con datos relativos ao exercicio 2017.

Desde o ano 1993, a Zona Franca de Vigo mostrou interese en identificar as mellores prácticas empresariais, establecendo unha serie de indicadores que estimulen os procesos de mellora dentro do mundo empresarial galego. No Informe Ardán 2019 foron 16 as empresas do noso polígono que foron recoñecidas con algún destes indicadores, concretamente:  Alpe Pavimento Impreso SLArmecons Noroeste SLCapresa Servizos IntegraisCarpoga SLInsplaber,  Tubanor, Transportes Villar NayaIDM PereiraRemifer SLGaraysa Montaxes  ElectricosMetalurgica  BBNova  Kemio  Konstrua, Placasa, Ferros Varela  Urbieta, Ferraxería  Ferrolar e Transportes Razo.

No caso de  Garaysa, hai que destacar, que son tres os indicadores que ten no seu haber: Empresa de Alto Rendemento, Empresa Innovadora e Empresa Global. Á súa vez,  TubanorCarpoga SL, están en posesión de dous indicadores cada unha delas.

Este recoñecemento confirma a progresiva transformación do noso polígono nun importante polo de desenvolvemento económico e empresarial, e anímanos a seguir traballando na difusión de boas prácticas de xestión entre as empresas situadas no noso polígono.

Â

Outras novas

Todas as noticias relacionadas co Polígono de Carballo ou que poidan ser de interese para as empresas que o compoñen.