Novas: Xeral
Estás aquí: Inicio \ Novas \ Xeral
Acordo de colaboración entre Abanca e a Comunidade de Propietarios do Polígono.

Acordo de colaboración entre Abanca e a Comunidade de Propietarios do Polígono.

28 xaneiro, 2022 Xeral

Esta mañá Abanca Corporación Bancaria e a Comunidade de Propietarios do Polígono asinaron un acordo de colaboración orientado a ofrecer ás empresas situadas no noso polígono un catálogo de solucións financeiras cunhas condicións especiais que lles permitan mellorar a súa competitividade.

O convenio foi asinado na sede social da Comunidade de Propietarios do Polígono polo coordinador institucional de Abanca na Coruña, Jose Manuel Vilariño Orgeira, e polo presidente da propia Comunidade, Antonio Gómez Caamaño. Este acordo permitirá aos empresarios do polígono gozar dunha serie de condicións especiais en diversos produtos financeiros como os préstamos persoais e hipotecarios, leasing inmobiliario con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e intereses moi competitivos. Así mesmo, as empresas do polígono tamén poderán aproveitar as vantaxes doutros produtos ou servizos, como as pólizas de crédito, liñas de desconto comercial, avais, confirming ou factoring; así como das vantaxes que lles ofrece o Programa Cero Comisións de ABANCA, co que poderán deixar de pagar por servizos como o mantemento de contas ou tarxetas, transferencias ou ingreso de cheques.

No contexto da firma deste acordo, os membros da Xunta Directiva da Comunidade, tamén tiveron a ocasión de trasladar aos responsables de Abanca a necesidade dotar ao polígono dunha sucursal especializada en empresa que de servizo ás máis de 200 compañías que operan nel actualmente.

Central de compras.

Este acordo súmase aos xa asinados pola Comunidade de Propietarios coa escola de negocios IFFE BS e Iberdrola polos cales as empresas do polígono gozan de condicións especiais á hora de contratar os seus produtos e servizos. Un dos obxectivos que se marcaron desde a Comunidade de Propietarios para este ano 2022 é o de reforzar a súa política de acordos con provedores que lles permitan ás empresas do polígono logar condicións de compra e contratación vantaxosas, actuando, así de facto como unha Central de compras. Nas próximas semanas desde a Comunidade de Propietarios prevén formalizar novos acordos.

Adxuntos:
Outras novas

Todas as noticias relacionadas co Polígono de Carballo ou que poidan ser de interese para as empresas que o compoñen.