Novas: Xeral
Estás aquí: Inicio \ Novas \ Xeral
Adxudicada a urbanización dun novo vial de acceso ao polígono.

Adxudicada a urbanización dun novo vial de acceso ao polígono.

30 maio, 2024 Xeral

Trátase do primeiro tramo do vial SX-VI do PXOM que conecta a rotonda sur de acceso ao noso polígono coa avenida de Razo á altura do Centro Comercial Bergantiños, e que neste primea fase chegará ata a rúa Médico Xusto Martínez.

O Concello de Carballo adxudicou esta semana o contrato de obra do primeiro tramo do vial SX-VI do PXOM que conecta a rotonda sur de acceso ao noso polígono coa avenida de Razo á altura do Centro Comercial Bergantiños e que nesta primeira fase chegará ata a rúa Médico Xusto Martínez. Esta fase ten unha lonxitude de 800 metros e un ancho de calzada de 14, aos que haberá que engadir outros 10 para a construción de beirarrúas e a instalación de servizos urbanos. Ademais, o proxecto tamén inclúe a construción dunha senda mixta.

Unha das empresas situadas no noso polígono é a adxudicataria da obra. A construtora Vázquez e Reino ten un prazo de 9 meses para executar o vial cun orzamento de 541.000 euros.

Unha demanda dos propietarios do polígono.

A apertura deste vial é unha vella demanda da Comunidade de Propietarios do Polígono para aliviar o tráfico na rúa Isaac Albéniz e na avenida de Bértoa dirección Carballo, sobre todo coincidindo co horario de entrada e saía dos máis de 2.800 empregados do parque empresarial.

Desde a Comunidade de Propietarios valoran positivamente a execución deste primeiro tramo, aínda que consideran que ata que se execute a totalidade do vial ata a avenida de Razo, non se notará significativamente a mellora nos fluxos de tráfico.

A execución completa desta calzada que o PXOM inclúe no sistema viario xeneral, está pendente da expropiación dos terreos polos que transcorre a vía que non teñen cualificación de chan urbano ou urbanizable.

Adxuntos:
Outras novas

Todas as noticias relacionadas co Polígono de Carballo ou que poidan ser de interese para as empresas que o compoñen.