Novas: Xeral
Estás aquí: Inicio \ Novas \ Xeral
Adxudicadas as dúas últimas parcelas da 2ª fase.

Adxudicadas as dúas últimas parcelas da 2ª fase.

07 abril, 2025 Xeral

Xestión do Solo de Galia, Xestur SA publicou a adxudicación das parcelas de chan empresarial que saíran a concurso o pasado 4 de outubro. Entre elas as dúas que quedaban por adxudicar no noso parque empresarial.

Finalmente, as dúas últimas parcelas que quedaban por adxudicar na 2ª fase do noso polígono xa teñen novos propietarios, dúas empresas do propio polígono. Suarez Elaborados Metálicos faise coa parcela F1 de 9.384 metros cadrados por un importe de 365.000 euros e VTEC faise coa parcela F2 de 13.214 metros cadrados por un importe de 435.952,06 euros.

Con estas adxudicacións a nosa área empresarial queda sen chan industrial de promoción pública dispoñible. Desde a Comunidade de Propietarios do Polígono ven con preocupación esta situación tendo en conta que existe unha importante demanda tanto por parte de empresas do propio polígono como de empresas de fóra que ven en Carballo unha localización idónea para emprazar a súa actividade. Desde a Comunidade de Propietarios insisten en que a ampliación non pode sufrir xa máis atrasos. Neste sentido, o próximo 20 de maio a Comunidade de Propietarios manterá unha reunión co equipo da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial para facer seguimento os avances na tramitación da ampliación do parque empresarial.

 

Bolsa inmobiliaria.

Aínda que en ningún caso pode dar resposta á demanda de chan realmente existente, na Bolsa inmobiliaria xestionada pola Comunidade de Propietarios existen opcións de adquirir ou alugar parcela e naves de titularidade privada.

Para coñecer esta oferta inmobiliaria podédesvos poñer en contacto coa xerencia do polígono no 981 701 090.

Adxuntos:
Outras novas

Todas as noticias relacionadas co Polígono de Carballo ou que poidan ser de interese para as empresas que o compoñen.