Novas: Xeral
Estás aquí: Inicio \ Novas \ Xeral
Adxudicadas novas obras de mellora por valor de 180.000 euros.

Adxudicadas novas obras de mellora por valor de 180.000 euros.

19 xullo, 2021 Xeral

Trátase da renovación das beirarrúas da 1ª fase e a instalación de iluminación LED na 2ª fase. Estás obras están financiadas polo remanente municipal e supoñerán unha mellora na seguridade viaria da nosa área empresarial.

Acaban de ser adxudicadas as obras de mellora que estaban comprometidas no polígono a cargo do remanente municipal. Trátase de dúas propostas realizadas desde a Comunidade de Propietarios do Polígono para mellorar a seguridade viaria do mesmo, concretamente:

  • A substitución das moi deterioradas aceiras estilo xardineira da 1ª fase por beirarrúas convencionais que permitan o transito seguro dos peóns polas rúas desta zona do polígono.
  • A substitución da iluminación convencional por iluminación LED na 2ª fase, o que permitirá que a iluminación estea acesa con normalidade en todas as rúas desta zona.

Estas obras teñen un valor de 180.000 euros e foron adxudicadas á empresa Vázquez e Reino. Realizaranse procurando non interferir no normal funcionamento da actividade empresarial, de todos os xeitos, calquera incidencia ou dúbida podédela trasladar á Comunidade de Propietarios no 981 701 090 ou en info@poligonodecarballo.com

Outras novas

Todas as noticias relacionadas co Polígono de Carballo ou que poidan ser de interese para as empresas que o compoñen.