O evento permitiu presentar o Programa Activa Industria 4.0 ás empresas comprendías entre os epígrafes 10 a 32 de CNAE. Un programa gratuíto de 50 horas de consultoría personalizadas que lles permitirá dotarse dun plan de dixitalización adaptado ás súas necesidades e grao de madurez.
Nos últimos anos, este tipo de empresas experimentaron un notable crecemento no noso polígono. En termos relativos as empresas industriais representan o 28% do total de empresas do polígono, facturando o 44% do total e creando o 35% dos postos de traballo directos.
Desde a Comunidade de Propietarios do Polígono búscase potenciar esta vocación industrial que foi adquirindo a nosa área empresarial nos últimos anos coa vista posta na ampliación do polígono que se está tramitando e nos proxectos industriais que se están fraguando contorna ao porto exterior da Coruña e á antiga central térmica de Meirama.
Neste contexto inscríbese o almorzo informativo que celebramos esta mañá no Viveiro de Empresas baixo o título A transformación dixital no sector industrial. O obxectivo do evento foi a presentación do Programa Activa Industria 4.0 un programa de consultoría gratuíta financiado con fondos Next Generation ao que poden optar as empresas industriais rexistradas na Sección C Divisións 10 á 32 de CNAE.
Este programa pon ao dispor das empresas 50 horas de consultoría personalizada que se materializan, unha vez concluído o proceso, nun diagnóstico de situación da empresa e nun plan de transformación que identifica as áreas de mellora e establece unha folla de roteiro para implementar as solucións tecnolóxicas máis adecuadas. Esta última fase inclúe talleres demostrativos na propia empresa coas tecnoloxías habilitadoras seleccionadas. Durante todo o proceso os consultores traballan da man dos responsables da empresa, acordado as solucións máis adecuadas ou centrando os esforzos nunha determinada área de interese.
O relator da xornada é Miguel Mato Longarela, director de Consultoría de Estratexia e Transformación de KPMG.
Xornada sobre Ciberseguridade.
O pasado 6 de outubro nas instalacións do Centro de Promoción Económica celebrouse unha xornada baixo o título Ciberseguridade: o desafío ao que nos enfrontamos.
Nos últimos anos os delitos vinculados á ciberdelincuencia incrementáronse notablemente, sendo as empresas uno dos obxectivos principais deste tipo de ataques. A xornada, organizada pola Comunidade de Propietarios do Polígono en colaboración coa Confederación de Empresarios da Coruña, buscaba sensibilizar ás empresas sobre este asunto e presentarlle algunhas das ferramentas existentes no mercado para incrementar a seguridade dos seus equipos informáticos.