O pasado venres día 25, celebrouse no Viveiro de Empresas un almorzo informativo sobre Negocio Internacional e Comercio Exterior. Trátase dunha actividade impulsada pola Comunidade de Propietarios do Polígono e o Banco Santander.
O almorzo tivo como relator principal a Pedro Arias Urones, xerente de negocio internacional do Banco Santander; intervindo na súa apertura e peche María González Bardón, directora de zona A Coruña-Santiago e Fco. José Quintela Pérez, responsable provincial para negocio e pemes do Banco Santander respectivamente.
A xornada estivo orientada a empresas que xa traballan no ámbito de negocio internacional e o comercio exterior, e aqueloutras que llo estean plantexando e quixesen informarse de cales son as principais ferramentas financeiras que deben coñecer para facelo. O formato de almorzo buscou crear un clima informal en que as empresas puideron trasladar todas as súas dúbidas e necesidades aos relatores.
Os contidos a xornada foron os seguintes:
1. Capacidades dixitais:
b) Seguimento de mercadorías e transferencias.
2. Garantías internacionais e créditos documentarios.
3. Santander Trade: procura de provedores e clientes no exterior.
4. Internacional Desk: apoio en destino.
Nos últimos anos foron moitas as empresas do polígono que deron o salto a novos mercados e isto notouse no éxito de afluencia de público.