A Xunta de Goberno Municipal celebrada o pasado luns 24, outorgou a licenza de construción de dúas novas naves no polígono de Carballo, co que o nivel de ocupación na segunda fase supera o 79% do chan industrial dispoñible.
O investimento previsto nestes novos proxectos alcanza os 350.000 euros, dos cales 180.000 corresponden á construción dunha nave destinada a garaxe e oficina dunha empresa de transportes e os outros 170.000, a un edificio sen actividade específica. A actividade industrial en continua en aumento, sendo evidente o interese de moitos empresarios da comarca e da área metropolitana da Coruña en asentarse no noso polígono. Faise necesario iniciar os trámites de execución da terceira fase do polígono.