Novas: Xeral
Estás aquí: Inicio \ Novas \ Xeral
Aprobado o PEOSE da ampliación do noso parque empresarial.

Aprobado o PEOSE da ampliación do noso parque empresarial.

01 decembro, 2023 Xeral

O Plan estructurante de ordenación do chan empresarial (PEOSE) correspondente á ampliación foi aprobado definitivamente o pasado 17 de novembro. Á súa vez, o IGVS saca a licitación o proxecto de urbanización e parcelación por un importe de 220.000 euros.

A Xunta de Galicia destina preto de 220.000 euros á redacción dos proxectos de urbanización e parcelación da ampliación do noso parque empresarial. As empresas interesadas en presentar ofertas á licitación deste contrato poden facelo ata o 10 de xaneiro do próximo ano.

Este procedemento está a realizarse en paralelo á tramitación do Plan estructurante de ordenación de chan empresarial (PEOSE) do parque co obxectivo de axilizar as xestións e poder avanzar no proxecto unha vez que sexa aprobado o plan.

A redacción dos proxectos de urbanización e parcelación incide nunha ampliación que se realizará en dous ámbitos, nos sectores A e B, cunha superficie total de preto de 640.000 metros cadrados, dos que preto de 380.000 será de superficie de parcelas. O sector A atópase ao noroeste do parque existente, entre a autoestrada AG-55 e o arroio da Balsa, e o sector B localízase ao sueste do parque existente, entre os seus límites e a vía de acceso á autoestrada AG-55.

O PEOSE, aprobado definitivamente o pasado 17 de novembro e do que o Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio para exposición pública, prevé dar continuidade ao viario xa existente e localizar as zonas verdes e equipamentos nos espazos de maior valor ambiental, como a contorna fluvial, e nos os espazos visibles desde o exterior.

O plan ordena o espazo destinado a chan empresarial de forma que poida adaptarse á demanda real delimitando unha ampla área de ordenación diferida no sector A. Nel establécense catro opcións coa posibilidade de xerar parcelas de maior ou menor dimensión atendendo ás posibles demandas das empresas que precisen grandes superficies continuas de chan.

Exposición pública

Precisamente, a publicación no DOG do anuncio de aprobación do PEOSE de ampliación do parque empresarial dá aos interesados ata o 3 de xaneiro para a presentación das alegacións, documentos ou xustificacións que estimen oportunas.

Adxuntos:
Outras novas

Todas as noticias relacionadas co Polígono de Carballo ou que poidan ser de interese para as empresas que o compoñen.