Novas: Xeral
Estás aquí: Inicio \ Novas \ Xeral
Aprobado o último trámite administrativo previo á execución do novo aparcamento de pesados.

Aprobado o último trámite administrativo previo á execución do novo aparcamento de pesados.

26 xaneiro, 2022 Xeral

Onte publicouse a modificación puntual do PXOM que permitirá nos próximos meses a urbanización dun novo aparcamento público para camións na Rúa Bronce nas inmediacións do campo de futbol. Un novo espazo con capacidade para 42 prazas e unha superficie de 4.684 metros cadrados.

Un escampado que xa viña utilizando como aparcamento informal pero que a súa clasificación como zona verde no PXOM impedía realizar calquera tipo de intervención orientada á súa urbanización. A instancia da Comunidade de Propietarios do Polígono o Concello iniciou en setembro do 2020 o trámite de modificación de PXOM para clasificar ese espazo como sistema local viario, un trámite administrativo complexo que require diversos informes e a aprobación final por parte da Xunta de Galicia. Finalmente, onte publicouse no DOG a aprobación definitiva deste cambio de clasificación.

Nos próximos meses procederase á urbanización do devandito espazo (4.684 metros cadrados) o que permitirá habilitar 42 novas prazas para camións e vehículos pesados. Este novo aparcamento público estará situado na Rúa Bronce nas inmediacións do campo de futbol.

A medida supoñerá un mellor aproveitamento do devandito espazo, permitirá mellorar a mobilidade no noso polígono ao desconxestionar as rúas de camións e remolques estacionados e supoñerá a erradicación dun espazo degradado que danaba a imaxe da nosa área empresarial. 

Adxuntos:
Outras novas

Todas as noticias relacionadas co Polígono de Carballo ou que poidan ser de interese para as empresas que o compoñen.