Nas dúas últimas xuntas de goberno local, celebradas neste mes de xullo, foron aprobadas as licenzas de obra para a construción de cinco naves, converténdose o noso polígono no de maior demanda de toda a Comunidade Autónoma. Actualmente só quedan dispoñibles un total de 24 parcelas.
A nosa área empresarial rexistra o nivel de desenvolvemento máis alto do últimos vinte anos. A tramitación de licenzas para a construción de naves supera os niveis previos á crise, e desde o 2017 ata agora presentáronse no concello case tantas solicitudes como nos dez anos anteriores. No 2017 bateuse o récord con 24 expedientes, pero nos seis primeiros meses deste ano xa levamos 13.
Nas dúas Xuntas de goberno local celebradas neste mes de xullo, a última esta mesma semana, foron aprobadas as licenzas de obra para cinco naves: unha sen actividade específica cun orzamento de execución material de 789.048 euros, outra para almacén dunha empresa construtora cun orzamento de 81.956,16 euros, outra máis sen actividade específica que custará 181.896 euros, outra destinada a fabricación de mobles que supoñerá un investimento de 341.175,74 euros e unha última destinada a oficinas que ten un orzamento de 89.346,40 euros. En total, case un millón e medio de investimento só nas obras de construción.
Así mesmo, este mes autorizouse a primeira ocupación e o inicio da actividade na nave destinada á produción de aceite de microalgas, unha actividade innovadora no noso parque empresarial e na contorna.
A actividade urbanística ve parella ao ritmo de venda de parcelas por parte de Xestur. O noso polígono é o que máis maior demanda ten de toda Galicia, como demostran os sucesivos procesos de adxudicación de chan, que cada vez é máis escaso e ofrece menos posibilidades para a instalación de grandes empresas debido ao reducido tamaño das parcelas. Nestes momentos só quedan dispoñibles 24 parcelas a maior delas de 13.000 metros cadrados.