Ao longo desta semana estanse producindo novos cortes na subministración de telefonía que afectan a numerosas empresas asentadas no noso polígono. Chove sobre mollado despois de que o pasado mes de agosto sufrísemos un corte de tres día laborais de duración, de feito, na enquisa de diagnostico que a asociación de empresarios repartiu entre os usuarios do polígono, o servizo de telefonía é un dos elementos peor valorados.
Desde a Comunidade de Propietarios comunicouse esta situación á delegación autonómica de Telefónica e esta semana formalizou senllas reclamacións ante a Dirección Xeral de Telecomunicacións e Tecnoloxías da Información do Goberno de España e ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), que son os organismos nacional e autonómico responsables de velar polo bo funcionamento da subministración de servizos de telecomunicacións. É grave que un polígono da importancia do noso teña un servizo de telefonía tan deficitario.