O pasado venres celebrouse a Xunta Xeral Ordinaria da Comunidade de Propietarios do Polígono onde se ratificou a continuidade dos compoñentes que viñan integrando a Xunta Directiva ata a data e onde se fixo a constitución da nova Entidade de Xestión e Modernización como principal reto para os próximos meses.
O pasado venres celebrouse nas instalacións do Centro Social de Bértoa a Xunta Xeral Ordinaria da Comunidade de Propietarios correspondente á anualidade 2024. A orde do día da mesma foi o seguinte:
PRIMEIRO. Lectura e aprobación, se procede, da ACTA da XUNTA XERAL ORDINARIA celebrada o 15 de xuño do 2023.
SEGUNDO. Informe de xestión.
TERCEIRO. Aprobación, se procede, das CONTAS ANUAIS correspondentes ao exercicio 2023.
CUARTO. Autorización, se procede, para iniciar o proceso de reclamación das cotas correspondentes ao exercicio 2023 debes polos comuneiros indicados no Anexo único.
QUINTO. Aprobación, se procede, do ORZAMENTO ANUAL da Comunidade de Propietarios.
SEXTO. Renovación dos compoñentes da XUNTA DIRECTIVA da Comunidade de Propietarios.
SEPTIMO. Rogos e preguntas.
Os catro primeiros puntos de orde do día foro aprobados por unanimidade dos presentes. En relación ao momento quinto, que tamén foi aprobado por unanimidade, o novo orzamento é unha prórroga do orzamento en vigor polo que non se producirán ningún cambio nas cotas que veñen pagando os propietarios do polígono (0,026€/m2).
En relación ao sexto punto da orde do día, ao presentarse unha única candidatura á Xunta Directiva xa non se someteu a votación. A candidatura estaba composta polos mesmos compoñentes que exercían esta responsabilidade ata a data e que renovan o mandato por un prazo de dous anos:
O principal reto que se marca a Xunta Directiva para este novo mandato e no que xa levan traballando durante os últimos meses, é a de constituír a nova Entidade de Conservación, Xestión e Modernización do Polígono de Carballo. As entidades de conservación, xestión e modernización son a nova figura que creou a Lei 3/2022, do 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia para a xestión dos polígonos de nova creación e á que se terán que ir transformando as entidades xa existentes.
Máis aló da adaptación a este novo marco normativo, desde a Xunta Directiva do polígono expresan que a nova entidade permitirá mellorar os servizos xa vén prestado pola Comunidade de Propietarios, asumir novos servizos e acceder a novas vías de financiamento máis aló das cotas dos propietarios que en ningún caso sufrirían un incremento.
Durante a Xunta Xeral expúxose detalladamente aos propietarios do polígono as características da nova figura e facilitóuselles unha primeira proposta de estatutos para que a poidan estudar, resolver dúbidas e facer propostas de modificación. Esta primeira versión dos estatutos tamén será remitida ao Concello e a Xestur para que poidan realizar as súas achegas. O propósito que se marca a Xunta Directiva é, unha vez analizadas as distintas achegas de propietarios e administracións, convocar unha Xunta Xeral Extraordinaria de propietarios no último trimestre do ano para aprobar os estatutos definitivos da entidade e que ao longo do ano 2025 poida estar operativa a Entidade de Conservación, Xestión e Modernización do Polígono de Carballo.