Esta reunión enmárcase dentro dos encontros que con regularidade mantéñense desde a Comunidade de Propietarios con distinto tipo de entidades co obxectivo de dar a coñecer as demandas e necesidades do noso polígono industrial.
O pasado xoves día 3 de xaneiro, responsables da Comunidade de Propietarios do Polígono de Bértoa mantiveron unha reunión de traballo co coordinador comarcal do PSdG-PSOE en Begantiños, Jose Antonio Viña.
No encontro, que tivo lugar nas oficinas que a Comunidade de Propietarios ten na Rúa Cobre, abordáronse distintos temas relacionados co futuro do polígono e a mellora dos servizos que se prestan ás empresas e aos usuarios da nosa área industrial.