Xeración Dixital Pemes é un programa formativo que busca facilitar aos participantes os coñecementos e competencias clave para liderar a transformación dixital das súas empresas. Ten unha duración de 150 horas, das que 105 son en formato en liña e 35 en formato presencial. As sesións presenciais impartiranse no Centro de Promoción Económica.
O pasado venres día 24 celebramos nas nosas instalacións do Centro de Promoción Económica a presentación da Edición Carballo do Programa Xeración Dixital Pemes.
Xeración Dixital Pemes é un programa formativo 100% financiado con fondos Next Generation que busca facilitar aos directivos e responsables de área os coñecementos e competencias clave para liderar a transformación dixital das súas empresas. O programa ten unha duración de 150 horas distribuídas en 12 semana, das que 105 horas son en formato en liña e 35 horas en formato presencial; as 10 restantes corresponden a mentorización personalizada presencial. As sesións presenciais impartiranse en nosas as instalacións do Centro de Promoción Económica do Polígono.
Os contidos do programa están deseñados polo Centro de Estudos Superiores Universitarios de Galicia (CESUGA) e teñen unha orientación práctica estando totalmente pensados para cubrir as necesidades e inquietudes das pemes, analizando como afectará a transformación dixital ás distintas áreas da empresa. Podedes consultar os módulos do programa e os contidos de cada sesión no dossier que vos achegamos.
A Edición Carballo de Xeración Dixital Pemes dará comezo en xaneiro de 2024, todas aquelas empresas interesadas en recibir máis información ou inscribirse no programa poden dirixirse ao 981 701 090 ou a info@poligonodecarballo.com