O pintado desta zona de aparcamento tamén supoñerá un uso máis eficiente do espazo, permitindo o estacionamento dun maior número de vehículos. Concretamente nesta zona do polígono están habilitadas 84 prazas que dan servizo ás empresas situadas nas súas inmediacións.
Esta semana estase procedendo ao pintado da zona de aparcamento situada na Rúa Bronce do polígono, esta medida ten como obxectivo habilitar as primeiras prazas de aparcamento para minusválidos do parque empresarial.
Este é un dos requisitos esixidos para lograr o certificado de Polígono Empresarial de Calidade que emite a Coordinadora Española de Polígonos Empresarial en recoñecemento daquelas áreas industriais que cumpren uns altos estándares de calidade en canto a servizos e infraestruturas. A obtención deste selo de calidade é un dos obxectivos a medio prazo que se puxo a Comunidade de Propietarios do Polígono.